jueves, 21 de septiembre de 2023

Fermosísima

Miro o devalar do sol fronte ao mar
E sinto unha brisa salgada e dóce
Desas que che apousan na ialma,
Mistura dunha tristura fonda e saudá
Que vén de lonxe, de moi lonxe atrás.

Entón, coma un feito automático
Desprego a túa foto do whatsapp
I estás fermosísima, tan linda,
Igual ca sempre en verdá,
Pero, parecese que nunca te vira!

A túa beleza ségueme a abraiar
Coma a un cego de nacemento
que a luz por primeira vez vai a ollar,
E sinto a túa mirada en mín cravada
Que me quer dicir: esperta chaval!

Con esos luceiros feiticeiros
De ese verde escuro e nuclear
E ese cabelo longo e dourado
I a túa pel blanca e bronce ó par
Sei que nunca hei de acougar...

Lémbrome moito de como te rías
E de como sempre me facías rir
E do sentido do humor que tiñas
Fino e sagaz, retranqueiro sometimes
Mostra desa intelixencia superlativa.

Lémbrome tamén da túa forma de fumar
Aquel tabaco da marca LM light
E de Casablanca: tócala de nuevo Sam
E de tódalas xuntanzas en Aceadamá
Ou do Dépor, cando aínda sabía gañar.

Síntoo moito por non cho ter dito claro
Mais daquela tan só era un rapaz
Sei ben que fun un covarde e un parvo,
Pero a miña lúgubre e pesada penitencia 
Dígocho eu que xa ben a paguei.

E amores hai, e case sempre se gastan, 
Cando uns marchan outros han nacer,
Pero amor, amor do que non remata 
Con sorte na vida, só un se pode ter,
E o noso amor vai perdurar
Inda que nós un día, habemos morrer.







No hay comentarios:

Publicar un comentario