martes, 7 de noviembre de 2017

A memoria dos vencidos



Non sabíamos aínda da Serra Mestra;
Cabrui, Mesía ou Curtis foron primeiro
que aqueles mitos barbudos guerrilleiros,
e Benigno Andrade botouse ó monte.

De Fisteus a Teixeiro, onde fuches, onde?
home bo, de corazón nobre e sindicalista,
sempre fuxido andiveches dos lobos franquistas
pola nosa Galicia nai, ti eres, ti fuches home.

Coa lembranza do Che venme a túa primeiro
naquelas minas de León cando eras mineiro,
e sacabas o negro produto da terra de Fabero
co teu peito ancho e o teu lombo de labrego.

Esperaches no monte a chegada dos aliados,
pero foi en balde, os putos fodidos nunca chegaron.
E colléronte, e nomeáronte o inimigo da patria,
ti que o máis grande amigo, eras dos pobres,
e ó final os porcos matáronte a garrote,
vil xustiza a dos gañadores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario