domingo, 2 de noviembre de 2025
A moza fidalga II
As condicións de vida do campesiñado eran terribles nesta época na zona de Artabria (máis ou menos igual ca no resto de pobos da península). Ás recurrentes epidemias que asolaban á poboación e a fame crónica que ésta padecía, había que engadir a usura impositiva do señor Nuno Freire de Andrade (O Mao) que afogaba case por completo a posibilidade de que seus vasalos puidesen ter unha existencia mínimamente digna. Se a isto lle sumamos a inseguridade e o bandoleirismo que o propio señor patrocinaba dentro da súa contorna, isto da coma resultado unha situación insostible para os labregos, así coma para boa parte da escasa burguesía e case todo o clero (que tamén era pobre de solemnidade). Ante esta situacion, e amparados pola creación dende a corona de Castela dun movemento asociativo e de carácter militar chamado a Santa Irmandade (que pretendía limitar o poder nobiliario en favor da coroa), comezaron a producirse núcleos de resistencia contra os abusos do señor de Andrade. Os primeiros apareceron en Poentedeume, na Coruña e en Betanzos, e logo foron espallándose a outras terras fóra dos dominios do Mao coma en Mondoñedo ou mesmo no arzobispado de Santiago.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario