lunes, 28 de agosto de 2023

Mar de Ardora

Co teu electrizante azul as ondas
Morren mansas na praia en Carnota,
Nesto que a costa da morte amorna
E a morna lúa de agosto agosta.

Brila entón o mar de ardora
Mare bravo e cheo de maxia,
Que trae amores coas súas mareas
De fermosos cantos azuis de sireias,
E enterra barcos incautos perdidos
Alo polo fondo, debaixo das pedras.

I eu tódalas noites, baixo este ceo
Espero, ferido de morte, coitado 
Nesta costa morrente e perdida
Que a maxia de ardora 
Me traia unha frol 🌼
Que esperando levo toda unha vida.

domingo, 13 de agosto de 2023

Só quero vela

Soio quero vela
Pasar un día con ela
Podería facer calquera cousa
Agás esa:

Resolver ecuacións diferenciais
Ou calcular unha función de onda,

Compoñer unha fermosa canción 
Ou fabricar unha droga boa,

Ou quizáis, 
escribir algunha liña formidábel
Pra algún libro de éxito mundial
Que ninguén lería,

Ou sabe dios o qué 
Podería facer por ela...

Mais non podo vela
Non podo, 
Señora
I eso me afoga.

jueves, 3 de agosto de 2023

Ollos Verdes

Beleza supina que irradia
Enerxía infinita na mirada
Tóqueme cunha caricia de frol
Que me faga treme-la ialma.

Fermosísima expresión de dor
Que sinto dende lontananza
Por ver a súa beleza sin par
E non ser quen de acariciala.

Déme agora un sinal ben obvio
Que non me perda hoxe en alabanza
Dígame, si quixera vosté o que eu quero
Dígame, cando podería eu bicala.